venres, 1 de maio de 2020

BÓTANOS UNHA MAN E LEVA LIBROS POR UN REFRÁN

Grazas á colaboración e participación do alumnado e familias, aquí estamos a 1 de maio, Día Internacional do Traballador, festexándoo cun refraneiro galego que fai alusión aos oficios. 
A sabedoría popular nunca falla, tomemos nota dos seus consellos..




Outros refráns...

Verbas de oficios...
O noso agradecemento ata o infinito e máis, ao  alumnado e familias participantes na proposta, porque todo isto é posible, grazas a  vós.

domingo, 26 de abril de 2020

PROPOSTA: "BÓTANOS UNHA MAN E FAI UN VÍDEO CON UN REFRÁN"

Desde os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega , tiñamos previsto continuar coa campaña "Bótanos unha man e leva libros por un refrán".
Dadas as circunstancias nas que nos atopamos non é posible levar a cabo a campaña de expurgo pero si podemos continuar coa nosa recompilación de refráns. 
Aproveitando que se achega o 1 de maio, Día Internacional dos Traballadores e tendo en conta o PDI deste curso "Os nosos oficios" a proposta para alumnado e familias é a seguinte:
- Escoller un refrán dun oficio que vos guste.
- Gravar un vídeo dicindo o refrán ( preferiblemente en galego).
- Enviar o vídeo ao correo muinhos.curuxa.gal@gmail.com
- Período de entrega: do 27 de abril ao 3 de maio.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración.
Animádevos a participar!

sábado, 18 de abril de 2020

AMARANTA A CARTEIRA SARAMAGANTA



Aquí tedes o vídeoconto AMARANTA, A CARTEIRA SARAMAGANTA, relatado por Ana, a nai de Pedro e Diego, para que o desfrutedes en familia.
"EUQUEDONACASA" 

luns, 13 de abril de 2020

"CONTOS DE OFICIOS" "EUQUEDONACASA"

No segundo trimestre iniciamos o proxecto "Contos de oficios" no que as familias , os venres no recreo da mañá, teñen o seu espazo na biblioteca contando contos da temática do PDI "Os nosos oficios".


Estaba previsto, para o venres 13 de marzo que Ana, a nai de Pedro e Diego contara "Amaranta, a carteira samaraganta", pero non puido ser porque iniciaba esta situación de confinamento.
Nestes días recibimos a súa proposta de ler o conto na casa e gravalo para que todos poidamos desfrutalo. 
Hoxe, 13 de abril, Ana, a nai de Pedro e Diego le, para todos nós... 


venres, 3 de abril de 2020

FESTIVAL DE POESÍA "OFICIOS EN VERSO" "PoetasNaCasa"

O 3 de abril tiñamos previsto rematar o segundo trimestre co Festival de Poesía "Oficios en verso". 
Dada a situación de confinamento que estamos vivindo desde o venres 13 de marzo, os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua propuxemos ás familias inventar e recitar  poesías relacionadas co PDI "Os nosos oficios" e  coa palabra de moda "Coronavirus". 
Dada a gran participación das familias,  imos dar remate a este trimestre como estaba previsto,  pero, desde as casas. 
Os nosos oficios e Coronavirus é o lema!
Inicia este festival, a familia de Jorge e Ainhoa  co poema 
"Os granxeiros ó noso"
 Continúa a familia de Alma co poema:
"Aquí estamos os granxeiros"
Chega a quenda da familia de Gabriel e Nerea cos poemas:
"Granxa Gabriel"
"Xuntos palillando"
Agora imos escoitar á familia de Yoel, que nos vai recitar:
"Granxeiros e granxeiras"
A familia de Arya xa está en escena co seu poema:
"Zapateiros, dentro"
Agora temos o gusto de escoitar á familia de Carla, que nos recita:
 "O zapateiro enfadado"
A familia de Estela, ten todo a punto para deleitarnos co poema:
"Palilleiras en tempo de Coronavirus"
É a quenda da  familia de Anxo co recita:
"Palilleiras e redeiras"
E agora, escoitamos á familia de Marina:
"Palilleiras e redeiras, na casa"
Continuamos co poema da familia de Thalía:
"Son unha palilleira"
A familia de Paz, xa está preparada para recitarnos:
"Palilleiras contra Coronavirus"
Agora escoitamos o poema da familia de Jonhathan:
"Son oleiro"
Continúa a familia de Rafa co seu poema:
"A olaría"
A familia de Xabi recita:
"Os oleiros"
Remata este festival, a familia de Brais, co poema:
"O mariñeiro non está contento"
O noso agradecemento ata o infinito e máis, ao alumnado e familias participantes neste festival, porque sen a vosa participación, iso non sería posible.
Felices vacacións!
Todo vai saír ben!
 Vémonos pronto! 
"#EUQUEDONACASA"

CONCURSO DE LECTURA DE POESÍA "OFICIOS EN VERSO" "#ConcursoNaCasa"

O equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua agradece, ata o infinito e moito máis, ao alumnado e familias participantes no Concurso de Lectura de Poesía en voz alta "Oficios en verso": Pedro, Diego, Andrés, Xoel, Rafa, Antonio, Claudia, Dani, Xavi, Daiana, Anxo e Brais. 
Fixéstedelo tan ben, que nos resultou moi complicado escoller un gañador por ciclo polo que a decisión unánime é a seguinte: Unha ducia de participantes, unha ducia de gañadores. 
Sabedes que estamos pasando unha situación complicada polo que a entrega de diplomas e agasallos a cada un dos gañadores farase  en canto volvamos ao colexio. Recorda "#euquedonacasa".
Aquí vos deixamos os poemas do concurso e os participantes.