Amosando publicacións coa etiqueta 2ºTDía Mundial do Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2ºTDía Mundial do Teatro. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de marzo de 2020

27 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O Día Mundial do Teatro celébrase cada 27 de marzo e foi  creado polo Instituto Internacional de Teatro ( ITI) no ano 1961. O principal obxectivo é dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial. 
No noso colexio hai, desde o pasado curso, un club de teatro "Do tres ao catro" formado polo alumnado de 3º e 4º E.P. e coordinado pola mestra de Inglés, compoñente do equipo de biblioteca e coordinadora de EDL. 
Relacionan a súa actividade co PDI "Os nosos oficios". Están preparando dúas obras que representarán no festival de fin de curso: "O país sen nome" ( 3º E.P.); "Os oficios de Pamparato" ( 4º E.P.).
Aquí vos deixamos un vídeo de Carlos Labraña (Gálix: Asociación galega do libro infantil e xuvenil) para conmemorar o Día Mundial do Teatro 2020 .

Feliz Día do Teatro!
😷