Amosando publicacións coa etiqueta 3ºT. CAMPAÑA REFRANEIRO OFICIOS. PDI "OS NOSOS OFICIOS". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3ºT. CAMPAÑA REFRANEIRO OFICIOS. PDI "OS NOSOS OFICIOS". Amosar todas as publicacións

domingo, 26 de abril de 2020

PROPOSTA: "BÓTANOS UNHA MAN E FAI UN VÍDEO CON UN REFRÁN"

Desde os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega , tiñamos previsto continuar coa campaña "Bótanos unha man e leva libros por un refrán".
Dadas as circunstancias nas que nos atopamos non é posible levar a cabo a campaña de expurgo pero si podemos continuar coa nosa recompilación de refráns. 
Aproveitando que se achega o 1 de maio, Día Internacional dos Traballadores e tendo en conta o PDI deste curso "Os nosos oficios" a proposta para alumnado e familias é a seguinte:
- Escoller un refrán dun oficio que vos guste.
- Gravar un vídeo dicindo o refrán ( preferiblemente en galego).
- Enviar o vídeo ao correo muinhos.curuxa.gal@gmail.com
- Período de entrega: do 27 de abril ao 3 de maio.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración.
Animádevos a participar!