O Día Mundial do Teatro celébrase cada 27 de marzo e foi creado polo Instituto Internacional de Teatro ( ITI) no ano 1961. O principal obxectivo é dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.
No noso colexio hai, desde o pasado curso, un club de teatro "Do tres ao catro" formado polo alumnado de 3º e 4º E.P. e coordinado pola mestra de Inglés, compoñente do equipo de biblioteca e coordinadora de EDL.
Relacionan a súa actividade co PDI "Os nosos oficios". Están preparando dúas obras que representarán no festival de fin de curso: "O país sen nome" ( 3º E.P.); "Os oficios de Pamparato" ( 4º E.P.).
Aquí vos deixamos un vídeo de Carlos Labraña (Gálix: Asociación galega do libro infantil e xuvenil) para conmemorar o Día Mundial do Teatro 2020 .
Feliz Día do Teatro!
😷
Ningún comentario:
Publicar un comentario