martes, 15 de outubro de 2019

Oficios antigos

Na Galicia de hai moitos anos, a penas había tendas. A xente vivía en pequenos pobos e aldeas e cultivaba os alimentos ou obtíñao da cría de animais. As cousas que non producían, como as ferramentas, mobles... realizábanos os artesáns, que había moitos, por entonces, nos pobos galegos. 
O ferreiro facía as ferramentas para os campesiños; o zoqueiro os zocos; o canteiro tallaba as pedras para as construcións; o afiador arranxaba coitelos, tesoiras...; a leiteira repartía o leite; o cesteiro facía os cestos; o cordeleiro fabricaba as cordas; o toneleiro elaboraba as sellas para a auga; o fragueiro construía os carros de vacas; o rodeiro facía as rodas; as tecedoras, costureiras e xastres elaboraban as teas nos teares, os vestidos e os traxes...
Moitos dos oficios antigos, están xa case desaparecidos. Hoxe xa quedan moi poucos artesáns.
Aquí tedes o vídeo de 33 oficios antigos que decoran as escaleiras do noso centro. Esta actividade realizouna o equipo de biblioteca en colaboración co Voluntariado. Como vedes, están ordenados alfabéticamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario