luns, 23 de decembro de 2019

UN NADAL DE OFICIOS

O venres 20 de decembro demos remate ao 1º trimestre co festival de Nadal no que participamos todos, alumnado e mestres.
Relacionamos a actividade co proxecto anual polo que o tema principal foi "Os oficios tradicionais galegos". Cada curso presentou o seu oficio e fixo unha actividade relacionada co mesmo. 
O festival leva o nome de "Un Nadal de oficios"
Preme AQUÍ para ver o programa de actividades.
Presenta o festival alumnado do Voluntariado.
Comezan os granxeiros de 4º de Infantil 
coa canción"A horta de Balbina"
Continúan os zapateiros de 5º6º de Infantil 
coa canción "Zapateiro"
Chega a quenda das palilleiras e redeiras de 1º e 2º E.P. 
deleitáronnos cunha obra de teatro propia que titulan "Palilleiras e redeiras salvan o Nadal"
Os oleiros de 3º E.P xa están en escea
amenizan a festa cunha panxoliña que titulan
"Xa me tardan os oleiros"
Chegou a quenda dos cesteiros de 4º E.P. 
interpretaron a panxoliña "Cesteiriños de Nadal"
A continuación van os mariñeiros de 5º E.P. 
que representaron unha obra propia que titulan 
"Andamos ao mar"
Dan remate á primeira parte do festival os carpinteiros de 6º E.P. 
protagonizan unha obra propia que titulan 
"Un moble de Nadal"
Iniciamos a 2º parte do festival coa orquestra do colexio "Os muiñeiros" ( Todo o alumnado de Infantil a 6º E.P.)









interpretaron unha canción con ritmo corporal titulada 
"Os nosos oficios"
Rematamos o festival coa actuación dos mestres 

que cantaron e bailaron a ritmo de "Cantiga do Apalpador" 
O Voluntariado da remate  ao festival "Un Nadal de oficios".
 Bo Nadal e feliz Aninovo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario