xoves, 30 de xaneiro de 2020

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O 30 de xaneiro celebramos no noso centro o Día escolar da Non Violencia e a Paz. 
A canción proposta polo Equipo de Extraescolares para esta conmemoración  foi "Una marea de gente" do grupo musical Macaco. A nosa versión é en galego, en lingua de signos e relacionámola co PDI "Os nosos oficios". 
Titúlase: "Marea de xente e oficios".
A preparación desta conmemoración comezou moitos días antes, realizando distintas actividades na que colaboraron os distintos equipos docentes así como todo o alumnado, mestres e persoal non docente.
O Equipo de biblioteca e a mestra de música elaboraron un vídeo adaptando a letra da canción con pictogramas  para que o alumnado e mestres a practicasen. O EDL fixo a tradución ao galego. Para ver a actividade preme AQUÍ.
O equipo de Extraescolares coa colaboración do alumnado, mestres e persoal non docente propuxo elaborar a letra da canción con pictogramas.
Premendo nas imaxes accederás ás fotos da actividade.
           4º Infantil                                                5º6º Infantil


















1º2º E.P.                                              3º E.P.



















                    4º E.P.                                                     5º E.P.










6º E.P.
Aquí tedes o vídeo elaborando o mural.
O 30 de xaneiro vestimos todos unha camiseta branca decorada con pictogramas dos oficios que estamos a traballar este curso. Decorou as camisetas o Equipo de Extraescolares e Biblioteca coa axuda do Voluntariado. 
Premendo na imaxe accederás ás fotos.
Na Hora de Ler xuntámonos no ximnasio formando entre todos, alumnado e mestres, a silueta dunha pomba. No centro estaban dous representantes de cada un dos oficios do PDI que fixeron unha pequena presentación da actividade. 

Cantamos a nosa versión
"Marea de xente e oficios"

Ningún comentario:

Publicar un comentario