Como ben sabedes, marzo é o mes da Poesía. Tiñamos previstas unha serie de actividades que non se poden levar a cabo dada a situación excepcional que estamos vivindo.
Unha das actividades que estaba prevista para o 26 de marzo é o Concurso de poesía en voz alta "Oficios en verso" para o alumnado de Primaria.
Os equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua propoñen levar adiante a actividade, pero na casa.
Os equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua propoñen levar adiante a actividade, pero na casa.
"#ConcursoNaCasa"
BASES DO CONCURSO:
- Accede aos poemas AQUÍ
- Le en voz alta o poema.
- A familia grava co móbil e manda o vídeo a esta dirección do correo: muinhos.curuxa.gal@gmail.com
- Haberá un gañador por ciclo.
- Tedes de tempo ata o domingo, 30 de marzo.
Cando volvamos á escola, reunirémonos na biblioteca, na Hora de Ler, para a entrega de diplomas e agasallos aos gañadores do concurso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario