O venres 28 de febreiro celebramos no noso colexio o Festival de Entroido "Carnaval de oficios" que este ano tivo como temática "Os oficios tradicionais galegos". Preme AQUÍ para ver o programa.
Participamos todos: alumnado, mestres e persoal non docente. Houbo unha grande afluencia de familias e amigos que quixeron compartir connosco este festival.
A Chiquitropa, con moito ritmo, saíu polos corredores do colexio e detrás empezaron a desfilar todos os oficios protagonistas deste curso escolar cara o ximnasio, lugar onde nos xuntamos todos para desfrutar o Entroido.
Da comezo ao festival a Chiquitropa( 1º2ºE.P.)
Interpretando unha versión da canción de Teresa Rabal que titulan:
Interpretando unha versión da canción de Teresa Rabal que titulan:
"OS NOSOS OFICIOS NESTE CARNAVAL"
A continuación desfilan os granxeiros de 4º Infantil
Interpretan unha canción que titulan:
"O entroido vai comezar"
Os zapateiros de 5º6º Infantil xa están en escea.
Cántannos unha canción que titulan:
"É a hora dos zapateiros"
Os redeiros e palilleiras de 1º e 2º están preparados para a súa disputa dialéctica.
Van cantar unha regueifa que titulan:
"Enredo de bolillos"
É a quenda dos oleiros de 3º
Cantan e bailan unha canción que titulan
"Baila cos oleiros"
E aquí están en escena os cesteiros de 4º.
Cantan e bailan unha canción que titulan
"Vive o entroido"
Chegou a quenda dos mariñeiros de 5º
Deléitannos cunha comparsa que titulan:
"Os de quinto andamos ao mar"
Da remate a este festival de oficios, os carpinteiros de 6º
Cantaron unha canción que titulan:
"Entroidoficios"
O noso agradecemento a todo o alumnado, persoal non docente, mestres e familias. Sen a vosa implicación e colaboración, nada disto sería posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario