xoves, 5 de marzo de 2020

XORNADA DE INVESTIGACIÓN NO MUSEO DO POBO GALEGO

O alumnado de 1º a 4º E.P visitou o 5 de marzo o Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. 

















Antes de entrar no Museo, o alumnado merendou para coller forzas porque se presentaba unha xornada de moito traballo...
Como ides ver no vídeo, así de ben empezamos a xornada...
Como unha cousa leva a outra, e para ir entrando en materia... a mestra Sandra propuxo un xogo para recordar todos os oficios que temos representados nas escaleiras da subida ás aulas no noso colexio.
"Da Habana ven un barco cargadiño de...OFICIOS"
Antes de entrar no Museo, a mestra Sandra explicou ao alumnado todos os pasos a seguir para facer unha investigación sobre os oficios que estamos a traballar este curso. 

Despois da explicación repartiuse o alumnado en 8 grupos mezclando nenos e nenas dos distintos cursos ( 1º2º: palilleiras e redeiras; 3º: oleiros; 4º: cesteiros) para investigar todos sobre os cinco oficios.
Faise entrega a cada grupo do caderno "Investigamos os oficios" ( elaborado pola mestra Jessica e Sandra) no que o alumnado ten que contestar ás preguntas segundo van descubrindo. 

Empeza a investigación...
Premendo en cada unha das imaxes, accederás ás fotos.
PALILLEIRAS
REDEIRAS
OLEIROS
CESTEIROS

Ao remate da pescuda, e antes de saír do Museo, fixemos unha xuntanza para sacar conclusións e descubrir todo o que aprendemos sobre os oficios investigados. 
A aquí remata a visita ao Museo do Pobo Galego, a investigación foi todo un éxito e pasáronno xenial. 
Con este ánimo, regresaron ao colexio "Os Muíños"...

Ningún comentario:

Publicar un comentario